sábado, 9 de marzo de 2013

Encontros do 8 de marzo

Neste ano 2013 as actividades das Violetas, empezan propoñendo unha iniciativa conxunta, que como sempre mestura disciplinas artísticas de diferente catalogación.



Hai xa meses que se solicitou unha das mellores e mais fermosas salas expositivas da cidade para a presentación deste proxecto 





Inaugurada onte,día 8 de marzo no C-Cultural Márcos Valcárcel (Edificio Simeón) de Ourense. Pola mañá, na rolda de prensa, Eva Moreira -Presidenta do Colectivo Violeta- deu unhas pinceladas do que as artistas pretendían amosar nesta exposición tan plural como heteroxénea, e invitou ós asistentes á Inauguración da tarde, donde a compañeira Diana Martínez faría unha visita guiada pola mostra, co público interesado. Artistas con experiencia de anos, veteranas do mundiño da cultura, compartirían espazo con nomes que comenzaban o camiño da difusión pública (que non da creación artística) da man, e á par.

A revista cultural Tempo de Lecer, publicou unha reseña sobre o presentación.
Telemiño, difundiu tamén a proposta no Telexornal.
Con todo esto, nervos aparte... non sabíamos que agardar da Inauguración. E que atopamos..?









Unha sala ateigada de xente, disfrutando da arte ... do punto de vista estético e ecléctico deste grupo de artistas, capaces de cohesionar un proxecto tan variado como enriquecedor.

Foto: MIGUEL VILLAR (La Voz de Galicia)


Aquí tendes o ENLACE Ó EVENTO DE FB, donde se pode seguir a actualidade sobre esta expo, e a colección de fotografías que se irán incorporando sobre a xornada de onte, tan completa como máxica.

Reportaxe de Ana Skette:














































Enlace ó album -Inauguración- de FB de Ana Skette

(Se queredes que incorporemos as vosas fotos, subídeas ó grupo de FB, ou enviádellas por mail a Eva Moreira a cocinarte2009@gmail.com ou a colectivo.violeta.ourense@gmail.com)



No hay comentarios:

Publicar un comentario